sábado, 15 de mayo de 2010
EXERCICIOS DE ETIMOLOXÍA (BIOLOXÍA E GREGO)
Aquí temos unhas actividades para profundizar e afianzar os nosos coñecementos do vocabulario científico de orixe grega. Pincha por orde nos enlaces correspondentes a cada un deles.
1º EXERCICIO
2º EXERCICIO
3º EXERCICIO
4º EXERCICIO
5º EXERCICIO
6º EXERCICIO
7º EXERCICIO
lunes, 1 de febrero de 2010
EL ATRIO DE MI DOMUS ES PARTICULAR...
Pincha aquí para descargar ou ver unha pequena presentación sobre a vivenda en Roma. Pincha aquí para vela ou descargala en formato pdf.
Pincha aquí e descarga un bocata de xamón.
Nota: aínda que vai contra os meus principios, déixovos a presentación no formato do Señor Escuro das Portas, porque é o que usades. Ai, xa veredes un día a luz de Linux...
Pincha aquí e descarga un bocata de xamón.
Nota: aínda que vai contra os meus principios, déixovos a presentación no formato do Señor Escuro das Portas, porque é o que usades. Ai, xa veredes un día a luz de Linux...
domingo, 24 de enero de 2010
SIC TRANSIT GLORIA MUNDI
ERRARE HUMANUM EST
Penso que o chiste de Quino non precisa explicación. En realidade, esta frase é máis longa: "Equivocarse é humano, perseverar no erro é diabólico, rectificar é case divino". Xa sabedes, tamén se di: "rectificar é de sabios".
ECCE HOMO!
Aquí temos unha versión cinematográfica dun motivo tratado durante séculos pola arte europea: o que coñecemos por "Ecce homo", Xesús flaxelado, coa capa e a coroa de espiño, cando uns soldados o levan ante Poncio Pilatos e din: "ecce homo", "aquí está o home". Neste fotograma da película "A paixón de Cristo", de Mel Gibson, película certamente sanguenta, podemos ver a Pilatos sostendo o "titulus", a acusación que se cravará na cruz sobre a cabeza de Xesús, "Iesus Nazarenus rex Iudaeorum", "Xesús de Nazaret", rei dos xudeus, o famoso INRI. Cando un neno chegaba á casa todo rabuñado, podía decirse "Pareces un eccehomo", aínda que é máis popular o de "Vés feito un Cristo".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)